mércores, 2 de decembro de 2020

3D: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos no colexio que cada persoa é diferente e todas merecemos ser respectadas. 👩👨👧👦👲👱

Ás 12:30 invitamos a todo o alumnado, persoal non docente, familias e profesorado a asistir ao evento de conmemoración que terá lugar dende a Biblioteca a través dunha "Conexión Biblioteca", na que un grupo de alumnado de 5º nos contará "Por cuatro esquinitas de nada" na mesa de luz e, a continuación, o alumnado de 2º de Primaria, nos relatará como foi a súa saída por Beluso con cadeira de rodas e andador. Adiántovos que nos van falar de accesibilidade e nos van retar a localizar barreiras arquitectónicas (poderemos deixar as barreiras atopadas por escrito no buzón que estará na entrada do colexio durante o mes de decembro ou a través do email montemogosdixital@gmail.com).

Agardámosvos nesta Conexión Biblioteca!






luns, 23 de novembro de 2020

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe conmemorarmos o 25N, unha data que nos gustaría non ter que conmemorar, xa que significaría que acadamos a igualdade e os dereitos que nos son propios independentemente do noso xénero. 

Debido á pandemia, este curso non foi posible participar nas propostas que cada ano nos plantexa o CIM do Concello de Bueu, polo que decidimos participar no I Concurso de lemas contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia con este lema:


Con motivo desta data, establecemos a primeira "Conexión Biblioteca", unha actividade desenvolvida de xeito coordinado entre o Equipo de Biblioteca e o Dpto. de Orientación.

xoves, 5 de novembro de 2020

Acoso escolar e ciberacoso

O Día internacional contra o acoso escolar e o ciberacoso celébrase o primeiro xoves de novembro, ou sexa, hoxe mesmo. 

César Bona:



venres, 16 de outubro de 2020

Hoxe é o día do TDL

 


Contos para unha nova realidade

Dende o Departamento de Orientación propuxemos accións co fin de "quitar" medos relacionados coa COVID-19 como, por exemplo, a lectura de contos relacionados coa nova realidade que nos tocou vivir. 

Recomendamos ás familias o libro "Cuentos para una nueva realidad" de Begoña Ibarrola (Ed. Destino). Inclúe diferentes contos e propostas sinxeliñas para falar con nenas e nenos e para levar a cabo na familia ou na escola.

Tamén modificamos a coñecida no protocolo como aula de illamento e convertírmola no "Espazo de descanso" co fin de que resulte máis acolledor para nenas e nenos.



mércores, 7 de outubro de 2020

Todo vai ir ben

Xa vai facer un mesiño que estamos no cole e é bastante diferente ao cole que coñeciamos. 

Hai moito que se bota en falta: ver os sorrisos ou os ocos deixados polos dentes que caíron, a entrada chea de mamás, papás, avoas, avós, nenas e nenos, a emoción coa que ensinan un xoguete ou un libro traído da casa, ata se botan de menos as gaivotas pousadas no tellado para arrasar coas miguiñas das merendas...

E vós, que botades de menos? Podedes deixar un comentario co que botades de menos.

Como di a canción que compartimos con vós, todo vai ir ben! Coidémonos moito e moito ánimo! 




domingo, 27 de setembro de 2020

Resultados da enquisa ás familias sobre temas para os Encontros de Familias

Dende aquí podedes acceder aos resultados da enquisa ás familias sobre que temáticas son do voso interese de cara a organizar os Encontros de Familias 👪👬👭

Por outra banda, tamén vos informamos de que trataremos de levar a cabo algunha/s xornada/s para axudar ás nais e aos pais ao manexo das tecnoloxías (móbil, portátil, tablet...) co fin de axudar a fillas e fillos nas tarefas escolares 💻📱

 

sábado, 26 de setembro de 2020

Webinar "Claves para potenciar a aprendizaxe dende a casa".

 


Rafael Samper, experto no método Kumon, analizará os obxectivos para poder espertar e potenciar nas fillas e nos fillos a emoción de aprender, as habilidades que precisan para facelo con autonomía, sexa en clases presenciais ou online. 

venres, 25 de setembro de 2020

No colexio protexémonos coas máscaras

As nenas e os nenos do cole realizamos os nosos retratos con máscara 

Protéxeme, protéxete, usa a máscara!




mércores, 23 de setembro de 2020

Día Internacional da Lingua de Signos

Hoxe, 23 de setembro, conmemoramos no cole o Día Internacional da Lingua de Signos 👋👐

Aprendemos algúns signos (ola, bos días, aplausos...) e fixemos un vídeo 📹

Queredes vernos? 



Música: "Don Signo" de MamiSigna (https://youtu.be/kF64ch_T-kM)


martes, 22 de setembro de 2020

Vídeo sobre a volta á escola

Escoitade a Silvia Álava dando interesantes recomendacións nesta volta ás aulas tan atípica

Merece moito a pena escoitala de principio a fin 👈



luns, 21 de setembro de 2020

Conto "Contaxio"

"Contaxio" é un conto emocional escrito por Ledicia Costas, María Solar e Fran Alonso. 

É unha viaxe polo dicionario para averiguar como se sinte a palabra "contaxio" e imos coñecendo a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza", pero tamén as oportunidades que lle brindan as palabras "vacina", "mediciña" ou "investigación".



venres, 18 de setembro de 2020

Tapóns solidarios para a Asociación Juan XXIII

Este curso continuamos coa recollida de tapóns solidarios. 

Podedes deixar os vosos tapóns no contedor que atoparedes na entrada do colexio

Cada vez que consigamos encher o cubo de tapóns, serán recollidos pola Asociación Juan XXIII  co fin de colaborar cos fins desta asociación para a inclusión das persoas con discapacidade. 

Contamos cos vosos tapóns solidarios!



xoves, 17 de setembro de 2020

Teléfono do Dpto. de Orientación

Co fin de facilitar a comunicación entre as persoas que traballamos no Departamento de Orientación e as familias, informámosvos de que contamos cunha liña de atención telefónica na que podedes plantexarnos as vosas dúbidas ou solicitarnos información sobre diferentes aspectos (emocionais, escolares...)  das vosas fillas ou dos vosos fillos. 


📞886 15 11 14


Non dubidedes en contactar connosco.


martes, 15 de setembro de 2020

luns, 14 de setembro de 2020

Webinar para familias: Estratexias emocionais para afrontar a volta á escola

A volta á escola precisa como nunca antes de estratexias de apoio emocional por parte do profesorado e das nais, pais, adultos responsables de nenas e nenos. 

1) Necesitan volver á escola?
2) Este curso todos (familias, docentes, nenas e nenos) necesitamos soporte emocional.
3) Como podemos axudar ás nenas e aos nenos na volta á escola?

Dende aquí vos convidamos a asistir a este webinar:



Pinchade na imaxe para acceder á información e inscribirvos.


Charla do neuropsicólogo Álvaro Bilbao: o cerebro de nenas e nenos.

Como é o cerebro infantil? 👧👦

Coñecelo pode servir de axuda a nais e pais para aprender a educar ás nenas e aos nenos?




Pincha na imaxe para acceder a máis información e inscribirte nesta charla online.

luns, 7 de setembro de 2020

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Pincha para acceder á información sobre as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno do espectro autista e altas capacidades):

 


Débese realizar a solicitude antes do 30 de setembro a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional e entregarlla á orientadora do colexio.

Volta á escola

 Benvidas e benvidos un novo curso a este espazo virtual! 👋


Dentro de poucos días poderemos chiscarnos o ollo, chocar o cóbado, compartir sorrisos, inquedanzas... 😉


Estamos desexando recibirvos no cole e para iso todo o profesorado e o persoal non docente está a traballar para acadar un espazo de aprendizaxe no que prioricemos o coidado da saúde do alumnado e das familias. 


Seguro que son moitas as dúbidas que vos está xerando o regreso ás aulas e pode que as vosas fillas e os vosos fillos estean a preguntarvos como vai ser a volta ao cole. A través dos medios virtuais dos que dispón o colexio (web, abalar, facebook, blogs, email, chamadas telefónicas...) poderedes resolver as vosas dúbidas e plantexarnos calquera cuestión que vos preocupe. 📱💻📞


Aínda que é necesario advertir ás nenas e aos nenos que o inimigo "COVID-19" é invisible e continúa aí, é preciso darlles "ferramentas" útiles para protexerse: 

1) Distancia de seguridade.

2) Uso de máscara.

3) Limpeza ou lavado das mans.

4) Accións a evitar: tocarnos os ollos, frotar o nariz... 

Estas ferramentas que están a aprender con vós na casa, tamén serán traballadas na escola dende o primeiro día de clase co fin de facer da escola un espazo seguro para todas as persoas que formamos parte da comunidade escolar.

 Arrancamos! 💪

sábado, 20 de xuño de 2020

Diploma de participación no 36 Concurso Escolar da ONCE

Aquí vos amosamos o diploma acadado pola participación cos cursos de 5º e 6º de Primaria no 36 Concurso Escolar da ONCE "ONCE upon a time... a mirada de tod@s"









venres, 19 de xuño de 2020

Remata o curso e aprendemos moitísimo

Este foi un curso que comezou e continuou completamente normal ata que o que era relevante a día 1 de marzo a día 14 tornouse no menos relevante de todo e no que novos valores cobraron importancia nas nosas vidas. 

O inicio do estado de alarma fíxonos ver que somos vulnerables, que a especie humana é vulnerable, e que, a pesar de todas as conexións que nos permitiron a wifi ou os datos a través de emails, videochamadas, mensaxería..., non fomos quen de establecer a verdadeira conexión, a máis real e humana de todas, que é a conexión emocional entre nenas, nenos, nais, pais, familias, persoal non docente e profesorado. 

Aprendemos que é o que realmente botamos de menos, moitas nenas e moitos nenos foi a primeira vez que percibiron a sensación de botar de menos. 

Aprendemos que queremos volver xuntarnos, ver o sorriso da persoa que está ao noso carón, darnos unha aperta, collernos da man, xogar, bicarnos, compartir xogos... sen medo. 

Aprendemos o que significa perder parte da nosa liberdade e que en situacións coma esta se agravan as necesidades derivadas dos problemas económicos e da convivencia e se incrementan a inseguridade e a incertidume.

Aprendemos que as familias realizaron un esforzo único para dar continuidade ao proceso educativo das fillas e dos fillos, para que seguiran na medida do posible o ritmo marcado polo profesorado e que, a pesar dos momentos en que xa non se podía máis, sacaron ánimo e forza para seguir adiante motivando ás nenas e aos nenos para realizar as tarefas e non perder o vínculo coa escola. Nalgúns casos, as situacións familiares, os traballos ou as dificultades atopadas foron un obstáculo para seguir adiante e aí a colaboración do profesorado e o seu tesón para axudar ás familias, nunca esvaeceu. 

Aprendemos que o profesorado do colexio é quen de sacar adiante a escola a pesar das dificultades atopadas, de abrir novos camiños, de formarse na distancia e de aprender do que cada familia nos transmite para tratar de facelo mellor.

Aprendemos a poñer os piares para facer unha nova escola entre todas as persoas que formamos parte dela.

Dende este recuncho virtual, desexamos voltar vervos a todas e cada unha de vós, tamén ao noso alumnado de 6º que hoxe se despide porque medrou e marcha do colexio. 

Agardámosvos o vindeiro curso!  



xoves, 18 de xuño de 2020

Sabes como protexerte do COVID-19?


Aquí tedes un xogo xenial para comprobar canto sabedes das medidas de protección contra o coronavirus

Atrévete a xogar! 🎯

 Xogo deféndete do coronavirus

mércores, 17 de xuño de 2020

Teoría da mente: Que pensan os ñus?

Que pensan os ñus?  🐂

 Para responder, escribide nos ocos as respostas ás preguntas, dádelle a "submit" e, a continuación, a "continue".
Material extraido da web Aulas Galegas onde atoparedes infinidade de recursos moi útiles.

martes, 16 de xuño de 2020

"Cando me convirto nun monstro"

Amaya de Miguel proponnos 4 ferramentas para non perder o control cos nosos fillos e coas nosas fillas:



---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

luns, 15 de xuño de 2020

Diploma de Teachers for Future en recoñecemento ao noso labor

Dende Teachers for Future Spain fannos entrega deste diploma de recoñecemento polo labor desempeñado polo alumnado, familias e profesorado para tratar de reducir residuos durante os tempos de recreo.


Webinar para as familias, hoxe ás 18h.

Hoxe, luns 15 de xuño, de 18h a 19h, Rafa Guerrero falará sobre como acompañar no medo, na rabia e na tristeza. Inscribídevos pinchando na imaxe:

---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

domingo, 14 de xuño de 2020

Día Nacional das Linguas de Signos Españolas



Hoxe é o 
Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.  


A data escollida débese a que o 14 de xuño do ano 1936 foi constituída a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas). 



Dende aquí, a nosa pequena homenaxe a Pau Donés, quen en máis dunha ocasión escribiu cancións para diferentes causas sociais. 


venres, 12 de xuño de 2020

Tempo de pantallas

Canto tempo de uso das pantallas dixitais (móbil, tablet, ordenador...) é recomendable segundo as idades? 👦👨👧👩

A Asociación Érguete compartiu con nós esta infografía con recomendacións de límites horarios de uso das pantallas dixitais en función das idades:

 

xoves, 11 de xuño de 2020

As nosas novas habilidades

As toupiñas do Viaxe ao Reino das Emocións aprenderon novas habilidades. Nós tamén:

---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

mércores, 10 de xuño de 2020

Pasatempos para o verán

Accede na imaxe a divertidos pasatempos:

 Pasatempos para o verán

---------

Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com


martes, 9 de xuño de 2020

As cores das flores, un cole aberto á inclusión

Unha morea incalculable de aprendizaxes son adquiridas por nenas, nenos, profes, persoal non docente, familias... grazas á inclusiónCompartimos con vós este vídeo que é un reflexo destas aprendizaxes:



---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

luns, 8 de xuño de 2020

Crea R "Charlas de educación dixital"

Charlas virtuais para familias sobre educación dixital 📱💻

Pincha na imaxe para acceder á información:


---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

venres, 5 de xuño de 2020

Reciclaxe e compostaxe durante o tempo nas casas


#eucomposto Sumádevos á campaña de Revitaliza durante este período na casa. Poñamos o noso gran de area!

Cada unha de nós pode facer un vídeo selfie para compartilo nas redes sociais co cancelo #eucomposto, explicando como separades o lixo na casa, como levades o lixo ao composteiro comunitario ou como o facedes no composteiro individual. 

Tamén podedes enviar o voso vídeo ao email: montemogosorienta@gmail.com



Eu vou facer o meu!

+info sobre Revitaliza.

---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

xoves, 4 de xuño de 2020

Concurso escolar da ONCE. Hoxe, en directo!

ACCEDE AO DIRECTO DA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO ESCOLAR DA ONCE.

O alumnado de 5º de Primaria foi gañador da fase provincial este curso.


Seguridade de menores na rede

A seguridade das nenas e dos nenos na rede é cousa de todos, daí que vos ofrezamos esta web con información útil para garantir unha navegación segura:

 Pincha para acceder á web AseguraTIC

---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

mércores, 3 de xuño de 2020

Saúde emocional das nenas e dos nenos

Agora que está rematando o 3º trimestre, pode ser un bo momento para que as nosas fillas ou os nosos fillos realicen unha autoavaliación da súa saúde emocional 😐😠😢😭😌😀

É unha experiencia interesante que, canto maiores sexan, máis doado lles resultará facer de xeito autónomo pero que, no caso do alumnado máis novo, vai precisar da vosa axuda, mamás, papás..., para levala a cabo. Grazas pola vosa axuda, por estar aí. Animádevos a facer tamén a vosa propia autoavaliación, co fin de que vexan que as persoas maiores tamén reflexionamos sobre a nosa saúde emocional.


Aínda que a podedes debuxar nunha folla, se queredes imprimila, déixovos aquí o documento en formato PDF:



---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

martes, 2 de xuño de 2020

Xogos e actividades interactivas


Como baixaron as temperaturas ⛅ e pode que quedemos máis tempo dentro de casa 🏡, queremos compartir con vós este Libro de xogos e actividades interactivas moi axeitadas para nenas e nenos de Infantil (aínda que hai algunha que a nós, que somos maiores, tamén nos gusta facer). 

Poderedes xogar a atopar as diferenzas, a descubrir a canción, a crear á señora e ao señor pataca... Semella moi interesante!



---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

luns, 1 de xuño de 2020

Un sen sentido.

Como di Esteban de Tarabelos, títeres e contacontos:

"Se despois da experiencia que estamos a vivir todo seguise sendo igual, iso sería un sen sentido".


---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

venres, 29 de maio de 2020

Lembrando a biblio do cole: moreas de experiencias.

Na biblioteca do cole, Belusiña agarda que volvan as nenas e os nenos para ver contos, ler libros, recitar poesía, escoitar lendas, facer teatro, axudarnos... 

Mentres non podemos estar na biblio do cole, si podemos ver algunhas imaxes deste curso das moreas de experiencias que vivimos xunto a Belusiña.




---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

xoves, 28 de maio de 2020

Unha nova habilidade

Escoita o audio:




Ou le o texto:

Aínda que esta actividade está pensada para o alumnado de 5º e 6º de Infantil porque viaxamos xuntos ao Reino das Emocións da man do profe Manu e da profe Vanessa, pode realizala todo o alumnado, porque, de seguro que pensando un pouco, atopamos unha nova habilidade que aprendemos ou melloramos durante este tempo que estivemos na casa sen ir á escola. 

Nós tamén aprendemos novas habilidades: o profe Manu aprendeu moitas cousas do ordenador e a profe Vanessa aprendeu novas receitas de cociña.

Non fai falta que imprimades esta ficha, podedes debuxar a vosa nova habilidade nunha folla e enviala ao correo das profes ou ao correo montemogosorienta@gmail.com



(Música da canción "Tallarín"): Eu teño unha habilidade, unha habilidade que é ....

mércores, 27 de maio de 2020

Continuemos recollendo os tapóns solidarios

Aínda que este curso non nos incorporemos á escola, en canto iniciemos o vindeiro curso, agardamos facer a recollida de tapóns que estades a xuntar nas casas. 


Grazas á vosa colaboración coa entrega de tapóns este curso, acadamos que un grupo de alumnado desenvolvera a súa competencia matemática, sendo quen de:

a) Realizar as pesadas semanais de tapóns.

b) Rexistrar nun gráfico a cantidade recollida cada semana.

c) Realizar unha comparativa entre meses.

d) E o que é máis importante:  
Aprender matemáticas dun xeito divertido ➕
Agardar a quenda para pesar ou colorear a gráfica ⏳
A importancia da solidariedade e da colaboración de toda a comunidade educativa 👫👬👭




---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com



martes, 26 de maio de 2020

O "efecto pantalla"



Accede na imaxe ao artigo sobre o "efecto pantalla".


«Nacemos cun cerebro sen desenvolver, e durante os dous primeiros anos aumenta o triple o seu tamaño, e faino  como resposta directa á estimulación externa. Por iso nos preocupa tanto a sobreestimulación dun cerebro en desenvolvemento, xa que pode acurtar o período de atención». 

Dimitri Christakis. 


---------
Neste blog atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com

luns, 25 de maio de 2020

Círculos de confianza

CÍRCULO DE CONFIANZA: APRENDEMOS OS DIFERENTES TIPOS DE RELACIÓNS QUE TEMOS

Con esta actividade ensinamos de xeito explícito e personalizado os diferentes tipos de relacións que se teñen.  
É válida tanto para Infantil como para Primaria, adaptando a linguaxe. 
Podemos aproveitar para traballar sobre habilidades conversacionais (Como falamos con persoas da familia? Como falamos con persoas descoñecidas? Como saudamos ás persoas da familia? Como saudamos ás persoas coñecidas?), condutas axeitadas en público e en privado, etc.
MANS Á OBRA

NECESÍTASEun folio ou cartolina grande e rotuladores ou lapis de cores. Incluso se poden empregar fotos reais das persoas.

Pódese facer a man ou descargar este documento e cubrilo:

1º) Introducimos o tema. Podemos preguntar: Sabes o que significa a confianza? Explicarllo se o precisa, adaptándonos á súa linguaxe: "a confianza significa ter seguridade cando estamos con alguén, fiarse da outra persoa, familiaridade, alguén a quen podes pedir axuda e contarlle os teus problemas...".

2º) Os círculos. Se non imprimimos, podemos debuxar os círculos e iremos engadíndolles os nomes ou fotos das persoas.

Círculo 1: EU.
Preguntámoslle "En quen confías máis? Se tes un problema que fas?" É probable que diga "buscar a alguén", neste caso debemos buscar exemplos que potencien a súa autoconfianza e autoestima: "cando tes un problema, primeiro intentas solucionalo ti buscando alternativas. Se che apetece algo, primeiro ti o buscas, tratas de conseguilo...".

Círculo 2: FAMILIA OU MOITA CONFIANZA.
Preguntámoslle: "Con quen podes contar sempre sen condicións? A quen podes acudir se non podes resolver un problema?". Se nomea amigas/os, podemos poñer exemplos para que vexa que antes que as/os amigas/os, hai outro grupo, por exemplo: "se tes unha enfermidade, quen te coida?". Se nomea soamente a un dos proxenitores, podemos facerlle ver que toda a familia é un núcleo de confianza, de todos xeitos, debemos respectalo, xa que é o seu círculo de confianza.
Círculo 3: AMIGAS/AMIGOS (OU MEDIA CONFIANZA).
Preguntámoslle: "Con que persoas podes falar de moitas cousas, te divirtes ou podes pedirlle un favor?". Debemos facerlles ver, sobre todo en nenas e nenos maiores, que as amigas e os amigos non teñen por que ser persoas da súa idade coas que se entreteñen. 
Círculo 4: COMPAÑEIRAS/OS (OU POUCA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Con que persoas o pasas ben pero non podes pedirlles axuda ou contarlle un segredo? Fas o mesmo con todas as túas compañeiras? Se non é o teu amigo íntimo xa non podes pasar un bo rato xogando con el?".  
Trátase de que sexan quen de transmitirnos, algo que é máis complexo en nenas/os de Infantil e nos primeiros cursos de Primaria e o entenden mellor facendo referencia ao alumnado doutras aulas, que hai certa diferencia entre amigas/os e compañeiras/os porque aínda que o pase ben con ambos, non se tratan igual. 
Círculo 5: PERSOAS COÑECIDAS (OU MOI POUCA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Coñeces a alguén que saúdes a miúdo pero con quen non falas nada máis? Hai persoas que coñeces porque as ves con frecuencia polas rúas? Recoñeces a quen vende na panadaría ou no supermercado?".
Trátase de transmitirlle que coas persoas coñecidas pódense ter conversas pero normalmente sobre temas pouco relevantes, incluso ás veces, so as saudamos. 
Ás persoas coñecidas coñecémolas porque están no noso contorno ou coñecen a familiares ou amigas/os. Non podemos confiar ata que non pasen a outro círculo (algunhas persoas coñecidas nunca o farán).

Círculo 6: PERSOAS DESCOÑECIDAS (OU NINGUNHA CONFIANZA)
Preguntámoslle: "Algunha vez che preguntaron por algo na rúa ou no parque? Lémbraste das persoas coas que te cruzaches pola rúa?" As persoas descoñecidas son todas as persoas coas que nos cruzamos pola rúa e que non coñecemos. 
Pode ser interesante poñer exemplos de situacións para que analicen se as persoas que aparecen son ou non descoñecidas, por exemplo, se saben o nome da persoa, se din que son amigos de papa, se che soa a cara dalguén...


venres, 22 de maio de 2020

O blog do alumnado

Hai anos o colexio contaba cun blog no que o alumnado facía as súas propias publicacións sobre libros, excursións... Imos retomar esta actividade de creación do propio alumnado pero, como aquel blog xa non existe, agora temos este novo blog para as vosas publicacións: 


Recibiredes por Abalar o contrasinal para comezar a publicar ou podedes enviarnos un correo pedindo o contrasinal a montemogosorienta@gmail.com
Agardamos que lle deades moita vida a este novo blog 🔊

Lembrando o magosto

Compartimos aquí unhas imaxes do último magosto.

Pasámolo moi ben cos xogos da Asociación Juan XXIII e as castañas estaban quentiñas e boísimas, lembrádesvos?


xoves, 21 de maio de 2020

Familias e ansiedade durante a pandemia


Pincha na imaxe para acceder ao artículo de Eva Millet: 

"Como pode protexerse a familia da ansiedade que provoca a pandemia".

mércores, 20 de maio de 2020

O valor de esforzarse


Esta é unha curta sobre a importancia do esforzo. 

Un xeito de ensinar a importancia do esforzo consiste en que vexan un exemplo en nós, nais e pais. Podemos falar coa nosa filla ou co noso fillo e explicarlle que temos un reto como, por exemplo, facer un percorrido en bicicleta, facer un puzzle de 1.000 pezas, participar nunha carreira..., e facerlles partícipes do noso reto e de que supón un esforzo continuado no tempo. Transmitimos que temos capacidade, que o que nos propoñemos require un esforzo e que ela ou el tamén ten capacidade e pode esforzarse para acadar o que se propón.

Por outra parte, é preciso ensinarlles a ser persoas críticas con algunhas mensaxes publicitarias falsas como, por exemplo, "aprende inglés en dous meses sen esforzo". A vida é esforzo, podemos ser vulnerables pero podemos ser quen de erguernos, relativizar os problemas e esforzarnos por acadar  os nosos propósitos. 

Aquí tedes unhas recomendacións lectoras que poden ser útiles para que as nais e os pais ensinemos ás nenas e aos nenos a enfrontar as dificultades coas que se poden atopar. 

            

martes, 19 de maio de 2020

luns, 18 de maio de 2020

18.05.20 Día internacional dos museos 2020: Museos pola igualdade.

Hoxe, 18 de maio, é o Día Internacional dos Museos.   🏟 
Cada ano o ICOM (International Council of Museums) selecciona unha temática. 
A deste ano non nos pode gustar máis, aquí tedes o cartel que ilustra esta conmemoración:
Queres pintar o teu propio cartel do Día Internacional dos Museos? Aquí o tes:

venres, 15 de maio de 2020

Día Internacional das Familias

Hoxe, 15 de maio, é o DÍA DAS FAMILIAS 👪👫👶👭👬👱👴👵👵
Desexamos que desfrutedes co conto "Un puñado de botóns", que ilustra a cantidade de familias diferentes que existen, cal é a túa? 
Este conto foi realizado de xeito colaborativo entre os Departamentos de Orientación do CEP Sequelo de Marín e o do noso colexio  🏣 + 🏤



----------
No blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com 

xoves, 14 de maio de 2020

14.05.20 Webinar para nais e pais: Como axudar a estudar mellor dende a casa


Animádevos a participar hoxe mesmo ás 18h no webinar coa psicopedagoga Alba Carbonell sobre como axudar ás fillas e aos fillos a estudar mellor dende a casa. Vémonos!

mércores, 13 de maio de 2020

13.05.20 Día das nenas e dos nenos hospitalizadas/os

"Moitos bicos para facervos sorrir, un mar de bicos que levo dentro, van polo aire, van polas rúas...!"

Hoxe é o Día das nenas e dos nenos que están nos hospitais. Para quen estivemos de peques moito tempo nun hospital, sabemos que é unha experiencia difícil de esquecer. 

Seguro que se pechas os ollos e lanzas un bico dende onde esteas para unha nena ou un neno que está no hospital, chegaralle o teu bico con poderes para curar. 






---------------
çNo blog montemogosorienta.blogspot.com atoparedes os recursos que Finu (mestra de Audición e Linguaxe), Manu (mestre de Pedagoxía Terapéutica) e Vanessa (orientadora) consideramos útiles para estes días sen cole. Se precisades de axuda ou queredes comentar algo que vos preocupe das vosas fillas ou dos vosos fillos, contactade no email montemogosorienta@gmail.com