xoves, 24 de novembro de 2011

Mencións especiais no Concurso Contra a Violencia de Xénero

Marta de 6º e Ángel de 5º foron mención especial no Concurso de Carteis do Centro de Información ás Mulleres. Recollerán os premios o 25 de novembro ás 12:00h no Salón de Plenos do Concello. Acompañarémolos cun grupo de nenos e nenas de cada curso que levarán a cabo o acto conmemorativo desta data.
Levamos un tempo traballando sobre isto. E, se queredes, podemos asistir, xa que se trata dun acto aberto ao público.
Ana Blanco Bernárdez, 2º Bach. I.E.S Johán Carballeira

sábado, 10 de setembro de 2011

20 Consellos para o comezo do curso

Estrés ante o comezo do curso? O traballo, a familia, as obrigas... 20 Consellos para non perder o norte.


Imaxe Rev. Mujer Hoy

A miña benvida ao blog de Orientación do CEIP Montemogos

Este é o blog no que atoparás información, suxestións, consellos, actividades... que tratan de axudarnos a orientarnos. Bo proveito!